Gaña o entrante perfecto
para estas festas!

Aí vén esa época do ano máis acolledora, ilusionante e máxica: o Nadal. É o momento dos grandes xantares e ceas, de cantar panxoliñas, de abrir agasallos e de comezar o novo ano con enerxías renovadas.

Pero, sobre todo, é tempo de compartir, de xuntarnos cos nosos seres queridos e amigos e gozar en compañía.

En Bon Pollo querémosche axudar a celebrar por todo o alto este Nadal. Por iso coidamos todos os detalles para asegurar a calidade dos produtos e ofrecerche toda a tranquilidade e o mellor servizo.


Agradecemos a túa confianza cun agasallo de Nadal

En Bon Pollo Avigal queremos celebrar a confianza que depositas en nós e, como non, a mellor maneira de facelo é compartindo os nosos deliciosos produtos.

Por tal motivo, imos sortear lotes de embutidos empratados da mellor calidade. Van ser o entrante perfecto para as túas ceas familiares, onde non van faltar as risas e os mellores sabores.

Queres conseguir un dos nosos fantásticos lotes? Contámosche todo o que precisas saber para participares no concurso.


Como podo participar?

Participar no concurso éche moi doado: só terás que mercar un produto Bon Pollo nunha das nosas carnicerías, encher o formulario de abaixo e responder a seguinte pregunta:


Que é para ti o mellor do Nadal?

Premiaremos as respostas máis divertidas e emotivas, así que asegúrate de ser orixinal!


Como sei se me tocou?

Se realizaches unha compra que forma parte da promoción nunha das nosas carnicerías, só tes que escanear o código QR que atoparás na bolsa do produto ou entrar en www.bonpolloavigal.com


Como podo participar?

Despois de comprares e escaneares o código QR que te conducirá a esta páxina, enche os datos do formulario que atoparás máis abaixo e participarás automaticamente no sorteo. Tes desde o 20 de decembro de 2022 ata o 7 de xaneiro de 2023 para tentar levar un delicioso lote de embutidos empratados.


Como sei se me tocou?

Iso é cousa nosa, non te preocupes! Se che toca, o noso equipo comercial porase en contacto contigo e indicarache cando podes recoller o premio no establecemento en que compraches o produto. Amósalle ao carniceiro o código gañador que che enviaremos por correo electrónico e… vai chamando os amigos e familiares para gozardes do mellor embutido Avigal!


Sobre Avigal

Temos tres delegacións multicárnicas orientadas ao servizo: Pontevedra, Valladolid e Fripor. Chegamos a máis de 50 municipios de Galicia. Consulta as nosas zonas de reparto!

As nosas delegacións seguen unha política de calidade e seguridade alimentaria moi estrita, con rastrexabilidade total dos produtos que elaboramos e distribuímos. Todos eles están avalados por esixentes certificacións de calidade: IFS, Galicia Calidade e Welfare Quality Network. Tamén temos certificacións de medio ambiente e benestar animal.