A carne de polo contribúe a reducir o ácido úrico
O polo, alén de ser un ingrediente delicioso e fundamental na nosa gastronomía, tamén ten notables beneficios para a saúde, como o alto contido de fósforo, vitaminas e minerais.
Algúns xa son ben coñecidos, como alto valor proteico e a baixa porcentaxe de graxa. Outro, pola contra, non están tan difundidos, como o feito de reducir o ácido úrico.
Que é o ácido úrico?
É un composto que se produce no organismo cando descompomos as purinas, unha substancia presente nalgúns alimentos (como a carne vermella, o marisco, o peixe ou a frutosa) e bebidas (especialmente as alcohólicas e os refrescos).
Normalmente, o noso corpo elimínao a través dos ouriños, pero se abusamos destes produtos, pódese acumular no sangue. Isto xera un risco para as doenzas cardiovasculares, a hipertensión, a diabetes ou a arteriosclerose.
Como pode axudar o polo?
A carne de polo, en comparación coa carne vermella, é unha das que teñen o menor contido de purinas, de xeito que o noso corpo acaba xerando menos ácido úrico ao descompoñelas.
Ademais, tamén ofrece outros nutrientes esenciais como o cinc, o magnesio, o cromo, o ferro e moitos máis, que son moi importantes para combatermos a hipertensión, e graxas polisaturadas, que melloran a saúde cardiovascular, dous problemas asociados ao ácido úrico.
Claves para a túa dieta
A dieta saudable é fundamental para lle facer fronte aos niveis altos de ácido úrico. Velaquí algúns dos alimentos con menores cantidades de purinas:
- Carne branca, como a de polo.
- Lácteos con pouco contido de graxa, como o leite, o iogur e o queixo.
- Ovos
- Froitas, sobre todo a mazá, a pera, as cereixas e as uvas. Evita os que teñan moita frutosa, como o kiwi, o mango, os amorodos, as laranxas, o melón, a piña ou o pexego.
- Verduras, agás os espárragos, as espinacas, as acelgas, a coliflor e os cogomelos.
- Cereais integrais.
- Aceite de oliva e manteiga, sempre en cantidades moderadas.
Entre os alimentos estrela para reducirmos o ácido úrico están a alcachofa, a cebola ou os cítricos, todos eles presentes nas nosas delicias de polo con texturas de alcachofa e lima. Anímaste a probalas?