Beneficio | Activa o teu metabolismo

É importante coñecermos as funcións do noso metabolismo e como nos axuda. Cando falamos do metabolismo estamos a referirnos a como o noso organismo produce e administra a cantidade de enerxía que necesitamos para funcionar.

Baséase, por tanto, no conxunto de reaccións químicas que se producen nas células co obxectivo de converter os alimentos en enerxía. O noso organismo funciona grazas á enerxía que producen estas células e tecidos nun constante equilibrio entre a xeración de enerxía e a súa administración.

Como activamos o metabolismo?

Facer exercicio

Hai estudos que afirman que desenvolver a musculatura é un dos factores máis importantes para aumentarmos o metabolismo.

Os músculos queiman aproximadamente tres veces máis calorías que graxa. Se temos en conta que, de media, os músculos corresponden ao 40 por cento do peso dun home adulto e ao 30 por cento no caso das mulleres, desenvolvermos a masa muscular mediante o exercicio físico pode contribuír á queima de calorías e, por tanto, ao aumento do noso metabolismo.

Hai dous tipos de exercicio. O aeróbico pode ter intensidade baixa, media ou alta, e principalmente aumenta a resistencia cardiovascular. Ese é o caso, por exemplo, de correr, bailar, ir en bici ou facer natación.

Por outra parte, o exercicio anaeróbico é aquel que realizamos para adquirir potencia e aumentar a masa muscular, como levantar pesas, facer abdominais ou correr distancias curtas a gran velocidade.

Coidar a alimentación

Cando se nos acelera o metabolismo non almacenamos graxa e o corpo pídenos que inxiramos alimentos. Cales son os máis indicados para este momento?

  • A carne de polo. Achéganos unha gran cantidade de proteínas. Concretamente, a vitamina B6 intervén na produción de enerxía dos nutrientes. Ademais, favorece a queima de calorías e acelera o metabolismo.
  • O peixe azul. É rico en omega 3 e axuda a activar o metabolismo. Recomendámosche as sardiñas, as cabalas ou o salmón que, ademais, van saciar a sensación de apetito que se produce ao facermos deporte.
  • Os cítricos ricos en vitamina C. A laranxa, a mandarina ou o pomelo vanche axudar a eliminar toxinas e impurezas do corpo.
  • As especias picantes. O chile e a pementa vermella contribúen favorablemente na aceleración do metabolismo. Se che gusta sazonar os pratos, estás de sorte!

Desde Bon Pollo recomendámosche activar o metabolismo manténdote en forma, consumindo alimentos de calidade e coidándote física e mentalmente.

Descubre máis beneficios do polo na nosa web.