Consellos básicos sobre o polo: polo ao forno

O forno é o noso grande aliado na cociña, non só porque mentres os alimentos se cociñan podemos facer outras cousas, senón tamén porque o seu uso non enmascara o sabor real dos alimentos (como acontece con outras técnicas, como a fritura).

Hoxe ímosche dar algúns trucos para cociñares polo ao forno á perfección. Prequenta o forno ata a mesma temperatura á que vaias cociñar, non piques o polo para que non saian os zumes (se non, vaise resecar), e non abras a porta do forno durante o proceso para que non descenda a temperatura.

Non é o mesmo cociñar un polo enteiro, que nos vai levar como mínimo 1 hora a 180 °C, que uns zancos, que estarán listos nuns 40 minutos. Ao polo sen óso hai que darlle unha cocción máis breve, duns 20 minutos. Así e todo, lembra que cada forno é un mundo e que os tempos de cocción poden variar lixeiramente.

Queres que a pel che quede crocante e dourada? Mete o polo no forno durante 90 minutos cunha temperatura máis baixa, duns 90 °C, e sobre unha grella, para que non entre en contacto con outras substancias, e dálle unha cocción final de 10 minutos á máxima potencia para lograr este acabado.

Se o que che apetece é un polo tenro e meloso, báñao nun mollo, viño ou caldo, ou mesmo nos seus propios zumes. Non te esquezas de salpementalo e especialo ao teu gusto antes de cociñalo!