Temos delegacións multicárnicas en Pontevedra e Valladolid desde as cales lles damos servizo a todos os nosos clientes.

A nosa estrutura integrada de produción permítenos efectuar a rastrexabilidade total da carne, tanto de produtos propios como alleos, para así garantir unha calidade homoxénea.

A nosa calidade está certificada. Contamos coas certificacións máis importantes do sector.

  • IFS: sistemas de xestión de seguridade alimentaria.
  • UNE-EN ISO 14001:2015. Sistema de xestión ambiental.
  • Galicia Calidade. Acredita a correcta alimentación dos animais: vexetal, como mínimo cun 65 % de cereais.
  • CALITX. Acredita a estirpe do animal e as súas condicións de vida, alimentación e crecemento lento.
  • Welfare Quality. Garantir o benestar dos animais desde a cría, o sacrificio ata a transformación.

IFSAENOR Galicia CalitaxBienestar

 

Chegamos a onde nos necesitan!