carne de pollo rica en selenio

É rica en selenio

Seguimos a darche máis detalles sobre os beneficios que a carne de polo ten para o noso organismo. Desta volta queremos falarche de como o selenio, un nutriente do que talvez non oíses falar antes, axuda o noso corpo.

O selenio é un micromineral que ten unha gran cantidade de propiedades antioxidantes. Grazas a esa capacidade, considérase un grande aliado na loita contra o envellecemento celular.

Ao tratarse dun oligoelemento, con inxestións pequenas é suficiente para que o noso corpo se beneficie das súas propiedades. Coas cantidades que podemos atopar na carne, nos ovos ou nos lácteos xa abonda, e non se recomenda tomar suplementos porque abusar del pode ser prexudicial.

Ademais, o selenio axuda a previr as doenzas cardiovasculares, pois reduce a cantidade de partículas inflamatorias presentes no corpo e aumenta a presenza de glutatión. Deste xeito redúcese o colesterol malo e o risco de infartos ou tromboses.

Desde Bon Pollo animámoste a incluír a carne de polo de maneira habitual na túa dieta. Así o teu organismo vai tirar proveito de todos os seus beneficios de maneira regular. Consulta as nosas receitas para descubrir deliciosas ideas!