Traémosche á mesa os sabores tradicionais do Entroido
Encántanos mimarte!
Esta época do ano é perfecta para os caldos reconstituíntes. Para nós, non hai Entroido sen cocido, e sabemos que para ti tampouco. Participa no noso sorteo e poderás gañar un delicioso lote para cociñares a lume lento os sabores tradicionais do Entroido.
Leva un lote cos mellores ingredientes para o cocido
Sorteamos lotes de preparado de cocido de Entroido, para que poidas gozar do auténtico sabor do inverno galego. Os afortunados recibirán un paquete con lacón, chourizo, costela asada e orella de porco.
Quen pode participar?
Se realizaches unha compra que forma parte da promoción nunha das nosas carnicerías, só tes que escanear o código QR que atoparás na bolsa do produto ou entrar en www.bonpolloavigal.com.
Que teño que facer?
Despois de comprares e escaneares o código QR que te conducirá a esta páxina, enche os datos do formulario e participarás automaticamente no sorteo. Tes desde o 6 ata o 18 de febreiro. Moita sorte!
Como sei se me tocou?
Se es un dos gañadores, parabéns! O noso equipo comercial porase en contacto contigo e indicarache cando podes recoller o premio no establecemento en que compraches o produto. Amósalle ao teu carniceiro o código de gañador que recibirás por correo electrónico e saborea o noso delicioso lote de cocido de Entroido.
Cocíñao coa nosa receita!
Sabemos que cada familia lle dá o seu toque especial ao cocido. En Avigal queremos compartir contigo a nosa receita infalible, que nos alegra os días máis fríos do ano. Sigue os pasos da videorreceita que preparamos especialmente para ti. Bo proveito!
Sobre Avigal
As nosas delegacións multicárnicas están en Pontevedra, Valladolid e Fripor (A Coruña). Están orientadas ao servizo e seguen unha política de calidade e seguridade alimentaria moi estrita, con rastrexabilidade de todos os produtos e diferentes certificacións que nos avalan como empresa responsable. Consulta as nosas zonas de reparto!