Non se nos ocorre mellor forma de comezar o ano con bo pé que gozando dun dos nosos produtos estrela este Nadal.
AVES
Imprescindibles nos pratos de Nadal pola súa carne lixeira e as múltiples opcións que ofrecen na cociña.
Polo PÍO Especial Navidad
Polo de crecemento lento, diferente estirpe e alimentación 100 % vexetal.
Codornices
Ideais para reencher e presentar un prato diferente na mesa. Teñen un peso aproximado de 150 gramos.
Pularda
Pola súa delicada carne e a graxa infiltrada, é un manxar propio da alta cociña.
Pavo
Un produto perfecto para as comidas e ceas de Nadal, cun peso de entre 5 e 7 quilos.
Pavita
O produto perfecto polo seu sabor e calidade, cun peso de entre 3,5 e 5 quilos.
VACÚN
Produtos de categoría extra.
Solombo
Peza sen madurar que destaca por ser moi tenra e saborosa. Perfecta para cociñar asada ou á prancha.
Costeleta
Con diferentes graos de maduración e infiltración de graxa, pode presentarse en diferentes cortes (costeleta, entrecosto etc.). Todos deliciosos.
IBÉRICO
Ampla selección de cortes de porco ibérico fresco. Coa produción totalmente integrada, garantimos tanto a rastrexabilidade coma a calidade do produto final.
Faceira
De corte exquisito, é perfecto para coccións lentas pola súa untuosidade.
Solombo
Cun corte tenro e suave é, sen dúbida, a peza máis magra do porco.
Pluma
O seu corte fino e tenro destaca pola súa infiltración media, de xeito que é ideal para a prancha ou a grella.
Presa
Destaca polo seu potente sabor e por ser unha carne extremadamente tenra e infiltrada.
Segredo
Un dos máis coñecidos do ibérico pola súa abundante infiltración e a súa incomparable saborosidade.
XAMÓNS
O acompañante perfecto das xuntanzas de Nadal. Pezas procedentes de porco ibérico 100 % ou duroc 50 %.
Xamón de landra
100% Ibérico.
Xamón curado Duroc
50% Ibérico.