Esta promo non necesita disfrace
Do 16 ao 22 de febreiro, pola compra de calquera dos nosos produtos cárnicos nas carnicerías asociadas á promoción, poderás gañar un premio!
Como participo na promoción?
Participar éche moi doado: despois de faceres a compra dun dos nosos produtos na túa carnicería de confianza durante o período da promoción, deberás entrar nesta web. Como ves, vas polo bo camiño.
Agora só tes que encher os datos do formulario de contacto que atoparás a continuación e seguir as instrucións. Logo de aceptares as bases da promoción e a nosa política de protección de datos, a túa participación quedará formalizada.
Que me pode tocar?
Sorteamos un lote de produtos de carnicería. A que se che fai auga na boca?
Como sei se me tocou?
Se, ao realizarmos o sorteo, resulta que es un dos afortunados que gañaron o premio, o noso equipo comercial porase en contacto contigo. É importante que os datos do formulario que enchiches previamente sexan correctos, porque serán os que o equipo comercial empregará para pórse en contacto contigo.
Eles indicaranche os días en que poderás recoller o premio no establecemento en que mercaches o produto.