Este verán os nosos polos voan!

Xa vén aí a nosa época favorita!

Chega a calor e, con ela, a mellor época do ano: o verán. É tempo de praia, de rutas polo monte e de ceas con amigos. De valorares as pequenas cousas, de perderte nun museo e de ver o teu artista favorito nun festival. De montares un pícnic en plena natureza, de te bañares no mar e de saíres da rutina durante uns días.

Calquera que sexa o teu plan, en Bon Pollo querémolo celebrar contigo, e por iso te convidamos a participar no noso sorteo para conseguires unha fantástica maleta de cabina. Cómoda, moderna e lista para te acompañar a onde queira que vaias!

De vacacións cunha das nosas 80 maletas

Prepárate para estreares maleta este ano, porque as sorteamos cada semana. As posibilidades de que che toque unha son moi altas, conque… participa e non quedes sen a túa!

Ademais, regalamos moedeiros con chaveiro pola compra nos nosos establecementos. Un complemento ideal vaias a onde vaias!

Quen pode participar?

Se realizaches unha compra que forma parte da promoción nunha das nosas carnicerías, só tes que escanear o código QR que atoparás na bolsa do produto ou entrar en www.bonpolloavigal.com

Como podo participar?

Despois de comprares e escaneares o código QR que te conducirá a esta páxina, enche os datos do formulario que atoparás máis abaixo e participarás automaticamente no sorteo. Tes desde o 11 de xullo ata o 30 de agosto para intentar levar unha destas incribles maletas.

Como sei se me tocou?

Iso é cousa nosa, non te preocupes! Se che toca, o noso equipo comercial porase en contacto contigo e indicarache cando podes recoller o premio no establecemento en que compraches o produto. Amósalle ao carniceiro o código de gañador que che enviaremos por correo electrónico e… vai pensando a onde ou a quen vas ir ver para estreala!

Sobre Avigal

Temos tres delegacións multicárnicas orientadas ao servizo: Pontevedra, Valladolid e Fripor. Chegamos a máis de 50 municipios de Galicia. Consulta as nosas zonas de reparto!

As nosas delegacións seguen unha política de calidade e seguridade alimentaria moi estrita, con rastrexabilidade total dos produtos que elaboramos e distribuímos. Todos eles están avalados por esixentes certificacións de calidade: IFS, Galicia Calidade e Welfare Quality Network. Tamén temos certificacións de medio ambiente e benestar animal