Mellora a vista e a pel

Levamos tempo a falarche das propiedades do polo, e o certo é que os seus beneficios son practicamente infinitos. Sabías que tamén podes mellorar a vista e a pel grazas ao seu consumo? Continúa a ler…

O polo contén unha gran cantidade de retinol, licopeno e alfa e betacaroteno, isto é, todos os derivados da vitamina A. Estes compostos son esenciais para mellorarmos a saúde visual. Ademais, a vitamina A contribúe a reforzar os ósos, os dentes e a pel, e protéxenos contra algúns procesos oncolóxicos. 

Por outro lado, a carne de polo tamén contén vitamina B2, coñecida como riboflavina, que nos axuda a reducir en gran medida os problemas cutáneos. Esta vitamina repara a pel seca ou danada. A inxestión de polo recoméndase, por exemplo, cando temos os labios agretados por culpa do frío ou da calor, xa que a vitamina B2 reforza a reparación dos tecidos cutáneos.

Unha vez descubertos estes beneficios, non nos estraña que o consumo de polo en España sexa un dos máis altos da Unión Europea, cunha media de 13 quilos ao ano por habitante. Prepárao da maneira que máis che guste e desfruta dos seus nutrientes!