Que é o polo de crecemento lento?

Moitos consumidores aínda non saben que é o polo de crecemento lento. Trátase dun polo campeiro e rústico, de xenética natural, alimentado con pensos vexetais e con altos niveis de benestar. 

O resultado é unha carne de moita máis calidade e cun sabor e unha textura incribles. A seguir, contámosche as cinco características principais do polo de crecemento lento.

Polo de crecemento lento: que significa?

Como indica o seu nome, este tipo de polo crece amodo, sen présa, de xeito natural, sen alteracións xenéticas nin antibióticos.

Desfruta da calidade dun polo que absorbeu todos os seus nutrientes durante un mínimo de 56 días (fronte aos 36 días do polo industrial ou polo broiler, que está modificado xeneticamente para medrar máis rápido).

Polo de estirpe rústica: o sabor auténtico do polo

Coñece o noso polo de crecemento lento: un polo campeiro, de estirpe rústica e xenética natural, coma o polo de sempre. Descubre cal é o auténtico sabor do polo, tal como o degustaban os nosos avós.

A simple vista xa se notan diferenzas respecto ao polo industrial: o polo de crecemento lento ten unha cor máis amarela e unha textura máis firme e natural. Na boca, é moito máis saboroso (fronte ao polo de crecemento rápido, que adoita ser máis insípido).

O noso polo de crecemento lento, criado en granxas 4.0

Estamos comprometidos co medio natural e cos nosos animais. Por tal motivo criamos os polos de crecemento lento en granxas 4.0, nun ambiente agradable e con pouca densidade de polos por superficie.

Somos sustentables: nas nosas granxas reducimos as emisións de CO2 e amoníaco. Tamén controlamos a humidade, a temperatura e a luz dos espazos para que os polos se críen nun ambiente óptimo e crezan felices.

Alimentación 100 % vexetal para un polo exquisito

Somos o que comemos, conque tamén somos o que comen os nosos polos. Soamente se alimentamos os animais de granxa con pensos vexetais e de calidade obteremos os mellores nutrientes para o noso organismo.

Co polo de crecemento lento non temos que preocuparnos por cuestións de saúde, pois a súa dieta é moi equilibrada e rica en vitaminas e minerais.

Mentres que gran parte dos polos industriais ou de crecemento rápido se alimentan con pensos ruíns e con antibióticos, o polo de crecemento lento recibe unha alimentación excelente, baseada en pensos 100 % vexetais e con abundancia de cereais (un mínimo do 65 %), entre os cales destaca o millo.

Control de calidade das granxas: benestar animal

O benestar animal e a seguridade das granxas son dúas condicións esenciais cando falamos de polo de crecemento lento, que se desenvolve nun ambiente moi saudable e sae ao campo todos os días.

Os nosos polos de crecemento lento críanse en granxas de Galicia de última xeración que pasan por todos os controis de calidade. Realizamos un seguimento exhaustivo de cada unha das fases do proceso de produción para ofrecerche o mellor produto posible.

Queres saber máis sobre o noso polo galego de crecemento lento? Consulta as páxinas de Pío y Pazo de Pías e descubrirás máis detalles sobre os beneficios de crecer amodiño.