Aliñas de polo á cervexa con romeu

Aliñas de polo á cervexa con romeu

Ingredientes para 4 persoas

1 kg de aliñas de polo partidas
4 dentes de allo
1 cullerada de mestura de especias para carne
200 ml de cervexa
Ramiñas de romeu
50 g de salsa de soia
Aceite de oliva virxe extra
Sal
Pementa

Aliñas de polo á cervexa con romeu

Gústanche as aliñas de polo? En Bon Pollo traémosche esta exquisita receita de aliñas á cervexa con romeu, de aroma e sabor intensos. Propomos esta versión dun dos sabores máis tradicionais na cal contrastamos a forza da cervexa coa dozura da salsa de soia. Non podes perder o delicioso glasado que resulta desta fabulosa combinación.

Elaboración

  1. Salpementar as aliñas e saltear nunha tixola.
  2. Cando as aliñas estean douradas, engadir o allo (picado ou enteiro) e as ramas de romeu. Deixar cociñar a lume baixo.
  3. Engadir a mestura de especias e, a seguir, agregar a cervexa e a salsa de soia.
  4. Subir o lume e deixar reducir; remexer de cando en vez ata que quede glasado.
  5. Servir quente nunha prata cunhas ramiñas de romeu para adornar.

Deixámosvos outra receita irresistible por se non vos gustou: polo guisado con patacas. Imposible non gustar!