O ingrediente fundamental para esta receita de polo recheo destaca polo seu aroma cítrico e o seu sabor agridoce. Falamos da laranxa, unha froita de temporada con moita fibra, con numerosas propiedades dixestivas e vitaminas do grupo B que axudan a reforzar o sistema inmune. O recheo da peituga de polo pode incluír varios ingredientes como xamón curado, froita, beicon ou marmelada. En Bon Pollo optamos por un de xamón cocido e queixo para lograrmos unha textura moi saborosa ao derreterse no interior.
Elaboración
- Abrir as peitugas de polo, salpementar e empoar co comiño en po.
- Colocar un lisco de xamón cocido e unha tira de queixo. Cerrar cun escarvadentes
para que non se abra. Ao rematar a cocción, retirar. - Quentar un chisco de aceite nunha cazola e marcar as peitugas de polo. Reservar.
- Picar a cebola pequena e rustrir na mesma cazola. Engadir o allo picado finiño.
- Saltear e agregar o resto dos ingredientes para a salsa, agás a fariña milla. Cociñar
durante uns 10 minutos. - Disolver a fariña milla cun pouco de caldo frío e engadir á cazola. Remexer para que
espese. Deixar a cociñar uns 10 minutos máis, ou ata que teña a consistencia
desexada. - Para darlle á salsa unha textura máis fina, pasar polo procesador.
- Engadir o polo, tapar e deixar a cociñar durante 5 minutos máis.
- Servir cun chisco de reladura de laranxa e menta picada.
Gustouche esta receita? Seguro que che encantará esta pechuga de polo Hasselback ao forno.