Se es amante das lentellas, non podes deixar pasar esta marabillosa receita con polo ao curry e arroz. O curry, condimento básico para esta receita, é unha mestura de especias moi típica da cociña hindú que lle dá un toque picante a este prato. En Bon Pollo combinamos o poder nutritivo das lentellas coa esencia aromática do curry e a personalidade de varias especias como a cúrcuma, o xenxibre e o garam masala para dar con esta suculenta receita.
Elaboración
- Cortar as peitugas de polo en dados grandes e salpementar.
- Nunha tixola, quentar un pouco de aceite e dourar os dados de polo. Reservar.
- Cortar as cebolas pequenas e picar os dentes de allo moi pequenos tamén.
- Quentar un chisco de aceite nunha tixola e rustrir as cebolas cos allos a lume medio.
- Engadir a salsa de tomate e cociñar un par de minutos.
- Agregarlle o leite de coco e as especias. Remexer.
- Pasados uns 5 minutos, engadir as lentellas e os dados de polo, previamente feitos, e cociñar a lume medio durante 8 minutos.
- Engadirlle un chisco de coandro picado por riba e deixar a repousar.
- Cociñar a lume medio-alto o arroz basmati en auga a ferver durante 12 minutos.
- Servir o polo ao curry cun pouco de arroz basmati e coandro picado por riba.
Se querías máis, proba esta deliciosa receita asiática de bocados de polo con arroz e salsa de tamarindo.