Aliñas de polo con salsa de queixo e berenxena

Ingredientes para 4 persoas

16 aliñas partidas de polo Bon Pollo
1 cebola
4 dentes de allo
1 berenxena
60 g de noces
120 g de queixo gorgonzola
80 g de manteiga
200 ml de nata
60 ml de viño branco
Romeu fresco
Aceite de oliva
Sal
Pementa negra

Nesta receita, as aliñas de polo Bon Pollo son o protagonista principal. Cociñámolas a lume medio con manteiga, allo e romeu logrando un dourado perfecto e un aroma irresistible.

Mais iso non é todo: os sabores poténcianse aínda máis grazas á salsa de queixo e berenxena. Preparamos unha base de cebola, allos, berenxena e noces, e agregámoslle queixo gorgonzola e nata para obter unha salsa cremosa e chea de sabor. Trituramos a mestura ata obter unha textura suave e homoxénea, lista para acompañar as aliñas de polo.

Ademais do seu incrible sabor, esta receita tamén ofrece beneficios nutricionais. O polo é unha excelente fonte de proteínas magras, mentres que a berenxena nos dá fibra e vitaminas. As noces, pola súa parte, son ricas en graxas saudables. Comer saboroso e saudable nunca che foi tan doado!

Listo para desfrutar dunhas aliñas de polo irresistibles? Sigue a nosa receita e sorprende a todos con este prato delicioso e cheo de sabor. Non te vas arrepentir!

Elaboración

  1. Machucar dous dentes de allo. Reservar.
  2. Picar a cebola, os allos restantes e a berenxena en dados medianos (mirepoix). Reservar.
  3. Partir en anacos as noces e o queixo gorgonzola. Reservar.
  4. Quentar un chisco de aceite nunha tixola e rustrir a cebola cos allos en mirepoix a lume medio. Salpementar.
  5. Desglasar co viño branco e subir o lume para que se evapore o alcohol.
  6. Incorporar a berenxena e as noces. Cociñar durante 10 minutos a lume medio.
  7. Engadir o queixo gorgonzola e a nata. Mesturar e cocer durante 5 minutos ata que o queixo quede ben integrado.
  8. Triturar a elaboración anterior cun procesador de alimentos ata obter unha salsa homoxénea. Reservar.
  9. Fundir a manteiga nunha tixola e incorporar os allos machucados e unhas ramas de romeu.
  10. Incorporar as aliñas partidas de polo e cociñalas a lume medio. Salpementar.
  11. Para empratar, servir as aliñas de polo nun prato e acompañar coa salsa de queixo e berenxena.