
Non te poderás resistir a esta singular receita de zancos de polo con arroz basmati e salsa de tamarindo. O tamarindo, froita exótica e moi empregada na gastronomía suramericana e asiática, dá un sabor agridoce que contrasta moi ben co sabor do polo. O contraste desta receita entre doce e salgado, picante e ácido, fai deste prato unha opción insuperable para presentarlles á túa familia e amigos.
Elaboración
- Cortar os zancos en dados duns 3 cm. Salgalos.
- Untar os zancos con mel. Pódeselle engadir unha pouca auga quente para que non sexa tan espesa e unte mellor. Rebozar coas sementes de sésamo.
- Saltear o polo nunha tixola cun chisco de aceite quente.
- Para a salsa, quentar un chisco de aceite nunha tixola e cociñar lixeiramente as especias a lume baixo durante minutos. Engadir os demais ingredientes ata obter unha salsa consistente.
- Ferver o arroz basmati. Pódense xuntar especias para darlle máis sabor.
- Nun cunco, colocar de base o arroz e repartir por riba os anacos de polo e o mollo por riba.
Gustouche esta receita? Tamén propoñemos outras opcións saudables, como esta ensalada rusa con solombo de polo.