
A receita de hoxe é ideal para sorprenderes os teus convidados: cabaciñas recheas de
solombo de polo.
Baleira a polpa da cabaciña para que sirva de recipiente e énchea co polo, o tomate e as
verduras previamente cociñadas na tixola. Engádelle queixo para gratinar e deixa que o
forno se encargue do resto. Facilísimo!
Elaboración
-
Prequentar o forno a 180 °C.
-
Cortar os solombos de peituga de polo en tiras medianas. Reservar.
-
Pelar e picar as cebolas, os dentes de allo (sen o xerme), as cenorias e os champiñóns en dados pequenos (brunoise). Reservar.
-
Lavar as cabaciñas, cortarlles a punta e retirar a polpa coa axuda dunha culler.
-
Salpementar o interior e reservar por unha parte as cabaciñas e, pola outra, a polpa picada en anacos pequenos (brunoise).
-
Quentar un chisco de aceite de oliva nunha tixola e dourar as tiras de solombo. Salpementar e reservar.
-
Na mesma tixola, engadir un chisco máis de aceite e dourar as cebolas. Cando comecen a dourarse, engadir os dentes de allo e refogar durante un par de minutos.
-
Incorporar as cenorias e cociñalas a lume medio durante uns minutos.
-
Agregar os champiñóns e a polpa da cabaciña e cocer todo xunto durante 5 minutos.
-
Engadir a salsa de tomate e deixala a reducir 10 minutos a lume medio; engadir a alfabaca e as tiras de solombo nos últimos minutos. Rectificar a cantidade de sal e pementa ao gusto.
-
Reencher as cabaciñas coa salsa de tomate e os solombos de polo. Botarlle por riba o queixo para gratinar e meter no forno a 180 °C durante 20-30 minutos dependendo do tamaño da cabaciña.
-
Servir as cabaciñas recheas e botarlle o ceboliño picado por riba.
Buscas outras ideas? Bótalle un ollo a este Schnitzel recheo de cogomelos con salsa de caqui. Absolutamente delicioso!