Coxa de polo con rustrido de verduras e olivas

Coxa de polo con rustrido de verduras e olivas

Ingredientes para 4 persoas

1 bandexa de coxas sen óso e sen pel
180 g de olivas con carabuña (verdes e negras)
2 tomates maduros
1 pemento vermello
2 cebolas brancas
2 dentes de allo
1 cenoria
120 ml de viño tinto
400 ml de caldo de polo
4 follas de loureiro
4 ramas de tomiño
Aceite de oliva
Sal
Pementa negra

Coxa de polo con rustrido de verduras e olivas

Como xa sabedes, o polo é un alimento moi nutritivo e lixeiro que nos ofrece un amplo abano de opcións na cociña. Para este prato escollemos a coxa, unha das partes máis saborosas do polo. E para lle engadir un toque extra de sabor e intensidade, apostamos por un riquísimo rustrido de verduras e olivas que casa perfectamente con este corte. Sen dúbida, unha receita que te fará desfrutar.

Elaboración

  1. Pelar e picar as cebolas, o pemento vermello, a cenoria e os tomates (sen pebidas) en dados medianos (mirepoix). Reservar.
  2. Picar ben os dentes de allo. Reservar.
  3. Nunha tixola, quentar un chisco de aceite de oliva e dourar as coxas. Salpementar e reservar.
  4. Na mesma tixola, rustrir as cebolas cun chisco de aceite. A media cocción incorporarlle os dentes de allo, a cenoria, o pemento e, por último, os tomates coas follas de loureiro e as ramas de tomiño. Sofritir ata que estea dourado. Salpementar.
  5. Engadir o viño tinto e deixar a reducir a lume medio ata que quede reducido á metade.
  6. Incorporarlle o caldo e as coxas de polo. Cociñar todo xunto entre 5 e 10 minutos a lume medio-baixo. Á metade da cocción, incorporarlle as olivas e salpementar ao gusto.
  7. Servir as coxas de polo quentes cun pouco de rustrido de verduras e olivas

Se che gustan os sofritos e as salsas como acompañamento, non podes perder estas coxas de polo marinadas con cremosa salsa de espinacas.