Cociñaches algunha vez polo con mandarina? Na nosa receita de hoxe, preparamos un mollo con esta froita, especiámolo e combinámolo coa coxa.
Os sabores ácidos, a frescura do coandro e o toque amargo do pomelo vante trasladar a paraísos exóticos. Neste prato, a dozura tráena as ameixas, os figos e o azucre de panela. Con receitas coma esta é imposible aburrirse na cociña!
Descubre todos os detalles deste prato e moitos máis no enlace da bio.
Elaboración
-
Partir as ameixas e os figos á metade. Reservar.
-
Relar as peles e espremer todos os cítricos. Reservar por separado.
-
Pelar e picar o xenxibre e dous dentes de allo (sen o xerme) en dados pequenos (brunoise). Reservar.
-
Pelar as sementes de cardamomo da vaíña. Reservar os grans.
-
Torrar as sementes de cardamomo, coandro, comiño e pementa nunha tixola (sen aceite) a lume medio durante 2 ou 3 minutos.
-
Moer as sementes torradas ata obter un po. Reservar.
-
Quentar aceite de oliva nunha tixola e cocer a lume medio as coxas de polo coas follas de loureiro e dous dentes de allo esmagados. Salpementar por ambos os lados e reservar.
-
Nunha tixola, disolver o azucre cos zumes dos cítricos sen parar de remexer e levar a ebulición.
-
Engadir a reladura dos cítricos, o po das sementes, o sal, o xenxibre, os dentes de allo picados, as ameixas e os figos. Baixar a temperatura e cocer un par de minutos.
-
Incorporarlle as coxas de polo e cocer todo xunto durante 15-20 minutos. Reservar.
-
Para empratar, colocar un chisco de mollo de mandarina especiada na base do prato e as coxas de polo enriba. Decorar coas ameixas, os figos e os piñóns e botarlle por riba o ceboliño picado.
Gústanche as receitas con sabor cítrico? Proba a cociñar estas suculentas ás de polo con mermelada de laranxa amarga. Te sorprenderán!