Cuscús de brócoli con polo e salsa de iogur

Cuscús de brócoli con polo e salsa de iogur

Ingredientes para 4 persoas

1 bandexa de filete de peituga fileteada de Bon Pollo
1 brócoli
1 cebola
2 dentes de allo
2 cenorias
1 cabaciña
1 pemento vermello
1 limón
50 g de pasas deshidratadas
50 g de abelás torradas
50 ml de salsa de soia
250 g de iogur natural
Tabasco
Hortelá
Aceite de oliva
Sal
Pementa negra

Cuscús de brócoli con polo e salsa de iogur

A gastronomía africana engloba receitas moi sorprendentes. Hoxe queremos compartir unha convosco: este delicioso cuscús de brócoli con polo e salsa de iogur, perfecto para unha comida saudable e moi saborosa.

O que máis nos gusta desta elaboración é que se substitúe a habitual sémola de trigo por brócoli, de xeito que é apta para celíacos e menos calórica. Ademais, a salsa de iogur que a acompaña é moi refrescante: vaiche gustar tanto que quererás ter sempre un pouco na neveira!

Elaboración

  1. Cortar os filetes de peituga de polo en tiras medianas. Reservar. 
  2. Relar o brócoli. Reservar. 
  3. Pelar e picar a cebola e os dentes de allo en dados pequenos (brunoise). Reservar. 
  4. Lavar e picar en dados pequenos (brunoise) a cabaciña e o pemento vermello retirando as partes brancas e as sementes. Reservar.  
  5. Espremer o zume dun limón. Reservar. 
  6. Picar as abelás cun coitelo. Reservar.
  7. Quentar un chisco de aceite nunha tixola e rustrir a cebola cun dente e medio de allo a lume medio. Salpementar.
  8. Incorporar as verduras restantes (cenorias, cabaciña e pemento vermello) e as pasas. Salpementar e refogar durante 5 minutos. 
  9. Engadir o brócoli relado e un chisco de sal. Cociñar todo xunto durante 5 minutos a lume medio e remexendo de cando en vez. Reservar. 
  10. Quentar un chisco de aceite nunha tixola e cociñar as tiras de polo a lume medio. 
  11. Desglasar coa salsa de soia e unhas pingas de Tabasco (ao gusto). Cociñar durante un par de minutos e deixar a arrefriar. 
  12. Esfiañar as tiras de polo coas mans. Reservar. 
  13. Cun procesador de alimentos, triturar o iogur, o medio dente de allo restante, un chorriño de zume de limón, unhas follas de hortelá picadas, 30 ml de aceite e un chisco de sal e de pementa. Procesar ata obter unha salsa homoxénea. 
  14. Para empratar, servir o cuscús de brócoli e engadirlle o polo esfiañado por riba. Decorar coas abelás picadas e acompañar coa salsa de iogur.

Se che gustou este exótico cuscús de brócoli, encantarache a receita de blanquetas ao curry de mazá e brócoli que preparamos.