Delicias de polo con cereixas

Ingredientes para 4 persoas

16 delicias de polo Bon Pollo
3 chalotas
2 dentes de allo
600 g de cereixas
45 g de azucre panela
100 g de manteiga
30 ml de brandy
150 ml de caldo de polo
1 flor de anís estrelado
Romeu fresco
Ceboliño
Aceite de oliva
Sal
Pementa negra

Fai vibrar as papilas gustativas coa fusión da saborosidade do polo e a dozura fresca das cereixas! 

Para iso fusionamos a saborosidade do polo coa dozura fresca das cereixas. 

Para acompañar a carne da mellor calidade, o mollo tamén se elabora con ingredientes coidadosamente seleccionados, como as cereixas frescas, o azucre panela e o caldo de polo. A súa textura homoxénea e o seu sabor doce e levemente ácido van realzar cada bocado e permitiranche desatar a túa creatividade no momento de empratar. 

Estás listo para seducir o teu padal e o dos teus convidados? Velaquí a receita completa: 

Elaboración

  1. Pelar e picar as chalotas en dados pequenos (brunoise). Reservar. 
  2. Machucar os dentes de allo. Reservar. 
  3. Quitar as carabuñas das cereixas e separar algunhas para a decoración final do prato. Reservar. 
  4. Quentar un pouco de aceite nun cazo e rustrir as chalotas a lume medio. Salpementar. 
  5. Desglasar co brandy e subir o lume para que se evapore o alcohol. 
  6. Incorporar as cereixas, o azucre, o caldo de polo e a flor de anís. Cocer durante 15-20 minutos a lume baixo. 
  7. Triturar cun procesador de alimentos a elaboración anterior, retirando a flor de anís, ata obter un mollo homoxéneo. Reservar. 
  8. Desfacer a manteiga nunha tixola e dourar os allos machucados cunhas ramiñas de romeu a lume medio. 
  9. Incorporar as delicias de polo e cociñalas. Ir vertendo por riba da carne un pouco de manteiga fundida. 
  10. Para empratar, debuxar un círculo co mollo de cereixas no prato e servir as delicias de polo. Botarlle un pouco de ceboliño por riba e decorar coas cereixas reservadas anteriormente.