Delicias de polo guisadas

Ingredientes para 4 persoas

16 unidades de delicias de polo de Bon Pollo
2 cebolas
2 dentes de allo
2 patacas
200 g de cogomelos variados
40 g de abelás torradas
100 ml de viño branco
500 ml de caldo de polo
Loureiro seco
Perexil fresco
Aceite de oliva
Sal
Pementa negra

Di o refrán que na barriga baleira, todo é laceira.

E non podemos estar máis de acordo: non hai nada como un saboroso prato preparado con cariño e cos mellores ingredientes para subir o ánimo.

Estas delicias de polo guisadas son saudables e sinxelas de preparar, e o seu sabor é excepcional. Ademais, cocíñanse nunha soa cazola, conque vas aforrar tempo ao limpar.

Por esa razón se converteron nun dos nosos pratos favoritos para cando o tempo arrefría e nos apetece gozar dun prato rico e caseiro. Próbao e quererás repetir!

Elaboración

  1. Pelar e picar as cebolas e os dentes de allo en dados medianos (mirepoix).
  2. Lavar e escachar as patacas pequenas. Reservar.
  3. Partir os cogomelos en anacos. Reservar.
  4. Machucar as abelás e unhas follas de perexil nun morteiro. Reservar.
  5. Quentar un chisco de aceite nunha cazola e dourar as delicias de polo a lume medio. Salpementar e reservar.
  6. Na mesma cazola, rustrir as cebolas e os allos a lume medio. Salpementar.
  7. Desglasar co viño branco e subir o lume para evaporar o alcohol.
  8. Engadir as patacas, o polo, o caldo e mais unhas follas de loureiro. Refogar durante 40-45 minutos a lume medio, semidestapado.
  9. Incorporar os cogomelos e as abelás co perexil. Mesturar e deixar cocer durante 5 minutos.
  10. Para empratar, servir as delicias de polo guisadas nun prato e botarlles por riba un pouquiño de perexil picado.