A empanada de polo é unha das receitas máis emblemáticas da gastronomía galega, unha auténtica xoia culinaria que leva séculos namorando a locais e visitantes. A súa orixe remóntase á Idade Media, cando era un prato típico dos peregrinos que se dirixían a Santiago de Compostela.
Co tempo, a empanada converteuse nunha comida popular e versátil que se adapta a calquera época do ano e a calquera evento. É unha receita moi completa e equilibrada, pois combina hidratos de carbono, proteínas, graxas e fibra. Ademais, a súa elaboración é sinxela e accesible, o que a converte nunha opción ideal para cociñar na casa.
En Galicia, cada familia ten a súa propia receita de empanada transmitida de xeración en xeración. Mais todas elas teñen algo en común: a empanada é un prato que se elabora con moito cariño e dedicación, e que sempre sabe mellor se se comparte cuns bos comensais.
Anímaste a probala? Deixámosche aquí a receita completa, e no noso perfil de Instagram atoparás a versión en vídeo!
Elaboración
- Picar a cebola e o allo en dados pequenos (brunoise), os pementos en xuliana e o resto das verduras e as olivas negras en toros.
- Quentar un pouco de aceite nunha ola e dourar a cenoria, o allo porro e o apio. Salpementar.
- Incorporar o polo e cubrir con auga. Cociñar durante 30-45 minutos e esfiañar en quente.
- Quentar un chisco de aceite nunha tixola e rustrir a cebola e o allo a lume medio.
- Incorporar os pementos e un chisco de pemento en po e caiena (ao gusto).
- Engadir o polo esfiañado, a salsa de soia e a de tomate. Mesturar, salpementar e cociñar durante uns minutos.
- Estender a masa nunha bandexa de forno e verter o rustrido anterior e as olivas negras na metade. Dobrar e cerrar os bordos.
- Pintar con ovo batido a superficie da empanada e meter ao forno durante 20-30 minutos a 200 °C.
- Para empratar, servir a empanada de polo e partir en racións. Perfecta para compartir!