Empanadillas de polo con verduras

Empanadillas de polo con verduras

Ingredientes para 4 persoas

2 peitugas de polo
3 cebolas brancas
1 berenxena
2 pementos vermellos
75 ml de viño branco
15 ml de salsa de soia
2 unidades de masa de follado
1 ovo
Ceboliño
Aceite de oliva
Pementa negra
Sal

Empanadillas de polo con verduras

A empanadilla, unha variante da empanada, é un perfecto entrante elaborado a partir dunha masa reenchida dalgún tipo de carne ou peixe e outros ingredientes que posteriormente se frite ou se fai ao forno. Aínda que as posibilidades do recheo son infinitas, en Bon Pollo optamos pola deliciosa combinación de polo, unha excelente carne magra, e verduras como o pemento, a cebola e a berenxena. Un irresistible e delicioso bocado que te fará repetir.

Elaboración

  1. Cortar as peitugas de polo en tiras e salpementar. Reservar.
  2. Quentar un pouco de aceite nunha tixola e dourar as tiras de polo a lume alto. Unha vez frías, esfiañar.
  3. Picar as cebolas, berenxenas e pementos vermellos en dados grandes. No caso dos pementos, quitarlles as sementes e as partes brancas.
  4. Quentar un chisco de aceite nunha tixola e rustrir as cebolas coas cebolas a lume medio.
  5. Engadir a salsa de soia e o viño branco. Reducir.
  6. Incorporar o resto de verduras na tixola e cociñar a lume medio durante 20 minutos ou ata que as verduras estean feitas.
  7. Engadir as tiras de polo e cociñar un par de minutos máis. Rectificar a cantidade de sal e pementa. Deixar a arrefecer e reservar.
  8. Cortar a masa de follado en círculos de 30 cm de diámetro aproximadamente.
  9. No centro de cada círculo, pór un chisco de recheo de polo e verdura. Dobrar a masa e, coa axuda dun garfo, facerlle pequenos cortes no bordo para que a empanadilla quede cerrada.
  10. Bater o ovo e aplicalo co pincel na superficie. Meter ao forno a 180 °C durante 15 minutos.
  11. Servir as empanadillas cun pouco de ceboliño por riba.

Se che gustou esta receita tradicional encantarache os ovos revoltos con grelos con polo e queixo.