
Desfruta desta apetecible receita de ensalada fría de pasta con polo e salsa de cacahuete. Trátase dunha comida completa para saborear en calquera época do ano, pero especialmente cando vai calor. A salsa de cacahuete e sésamo, con toques doces e picantes, combina á perfección co polo. Non poderás resistirte a esta receita!
Elaboración
- Ferver a pasta conforme as indicacións do envase. Reservar.
- Picar o pemento en dados, a col lombarda en xuliana fina, o tomate cereixa a cuartos e relar a cenoria cun relador groso.
- Salpementar o polo e engadirlle un chisco de garam masala.
- Untar o polo con aceite e saltear lixeiramente para que non quede demasiado seco (ten que quedar dourado por fóra e tenro por dentro). Unha vez cociñado, deixar a arrefecer e esmiuzalo coas mans.
- Para preparar a salsa, mesturar nun procesador de alimentos todos os ingredientes agás a auga, que se lle engadirá segundo conveña para obter a consistencia axeitada.
- Nun cunco, botar a pasta, as verduras, as hortalizas e o coandro picado finiño. Salgar e botar o zume dunha lima.
- Engadir os cacahuetes e o polo esmiuzado e mesturar todo.
- Agregar a salsa por riba, decorar cunhas follas coandro e servir.
Gustouche a receita? Consulta outras deliciosas opcións, como estas fajitas de polo.