Ensalada de polo con paínzo, figos e queixo

Ingredientes para 4 persoas

8 coxas de polo sen óso e sen pel Bon Pollo
6 figos frescos
½ mazá verde
½ limón
1 bolsa de rúcula
100 g de queixo de cabra
80 g de noces escascadas
150 g de paínzo (tamén chamado millo miúdo) escascado
20 ml de vinagre de mazá
300 ml de caldo de polo
Curry en po
Cúrcuma en po
Aceite de oliva
50 ml de brandy
Alfabaca fresca
Aceite de oliva
Sal
Pementa negra

Nestes días tan calorosos é moi importante estarmos ben hidratados e consumir alimentos frescos e ricos en vitaminas e minerais. Por iso, desde Bon Pollo, propómosche unha receita perfecta para combater estas temperaturas: ensalada de polo con paínzo, figos e queixo.

Os figos e o queixo de cabra vanlle dar a este prato todo o sabor, mentres que a rúcula e a mazá serán a base de todo o frescor. Ademais, esta froita vaille dar un toque de acidez e o paínzo e as noces, unha textura difícil de igualar.

Unha receita doada e rápida de facer, que nos vai dar a enerxía necesaria para lle facermos fronte ao verán.

Elaboración

  1. Cortar as coxas de polo en dados medianos. Reservar.
  2. Pelar e picar a mazá en dados medianos (mirepoix). Reservar.
  3. Lavar e partir os figos en cuartos. Reservar.
  4. Esmigallar o queixo de cabra. Reservar.
  5. Ferver o caldo nunha ola e incorporar o paínzo. Cocer durante 12 minutos a lume medio-baixo e tapado co testo. Estirar nunha bandexa e deixar a arrefriar.
  6. Triturar cun procesador de alimentos a mazá e 20 ml de zume de limón ata obter un puré.
  7. Incorporar 30 ml de aceite, o vinagre e un chisco de sal. Volver procesar ata obter unha vinagreta cremosa e fina. Reservar na neveira.
  8. Quentar un chisco de aceite nunha tixola e cociñar os dados de polo a lume medio. Salpementar e engadirlle un chisco de curry e de cúrcuma. Reservar.
  9. Para montar a ensalada, pór na base do prato un pouco de rúcula co paínzo, os figos, o queixo, as noces e os dados de polo.
  10. Para empratar, servir a ensalada de polo con millo, figos e queixo, e acompañar coa vinagreta de mazá.