Ensalada de quinoa e polo con aguacate e manga

Ingredientes para 2 persoas

150 g de quinoa
2 coxas de polo sen óso
50 g de queixo feta
1/2 manga
1 aguacate

PARA O ADEREZO

35 g de espinacas baby
2 ceboliñas
2 limas
Menta
Coandro
Sal

Descubre esta magnífica receita de ensalada de quinoa e polo con aguacate e manga. A quinoa é un superalimento moi versátil polo seu gran contido de proteínas e nutrientes, e resulta ideal para calquera tipo de ensaladas. Ademais, a frescura da manga combinada co toque salgado do polo e a suavidade do aguacate e o queixo feta dálle un contraste delicioso á ensalada. Non deixes de probar esta deliciosa ensalada!

Elaboración

  1. Ferver a quinoa (dúas partes de auga por unha de quinoa). Debe quedar un chisco crocante. Escoala e reservar.
  2. Aderezo: Nun procesador, picar lixeiramente as espinacas, o coandro, as ceboliñas e a menta co zume das limas. Non debe quedar coma unha salsa, senón en anaquiños pequenos. Reservar.
  3. Salpementar o polo e cociñalo nunha tixola. Cortalo en tiras finiñas.
  4. Picar a manga e o aguacate en dados.
  5. Nunha prata, colocar a quinoa, a manga, o aguacate, o queixo feta e mesturalo coas verduras picadas que tiñamos preparadas. Salgar e mesturar ben.
  6. Engadirlle as tiras de polo por riba, e mais o coandro e a menta picada tamén por riba para decorar.

Na nosa web atoparás outras moitas receitas saudables e deliciosas, como este cuscús de brócoli con polo e salsa de iogur.