Espetadas de polo maceradas con mel e lima

Espetadas de polo maceradas con mel e lima

Ingredientes para 4 persoas

2 bandexas de solombo de peituga de Bon Pollo
2 dentes de allo
2 limas
105 g de mel de flores
30 ml de salsa de soia
10 g de mostaza á antiga
10 g de aceite de sésamo
8 g de xenxibre fresco
2 ovos
Fariña triga
Pan relado panko
Mesclun de xermolos tenros
Tomates cereixa
Canela en po
Comiño en po
Aceite de oliva
Sal
Pementa negra

Espetadas de polo maceradas con mel e lima

A receita de hoxe vai dedicada ás persoas que, coma nós, gozan dos bos manxares, e aínda máis se se poden comer coas mans: espetadas de polo maceradas con mel e lima.

Non podedes perder a sensación do polo crocante mesturado co sabor doce do mel e o acedume da lima. Indescritible!

Elaboración

  1. Pelar e picar os dentes de allo e 4 g de xenxibre en dados pequenos (brunoise). Reservar. 
  2. Pelar e relar o xenxibre restante. Reservar. 
  3. Relar a pel e espremer as limas. Reservar por separado. 
  4. Partir os tomates á metade. Reservar.
  5. Mesturar nun cunco o zume das limas e a metade da reladura cos allos, a salsa de soia, o mel (100 g), a mostaza, o xenxibre en dados pequenos (brunoise), o aceite de sésamo, un chorriño de aceite de oliva e un chisco de canela, comiño e pementa negra (ao gusto).  
  6. Macerar os solombos de peituga coa mestura anterior durante 2 h na neveira e tapar co filme.
  7. Prequentar o forno a 200 °C. 
  8. Quentar unha cullerada de aceite nunha tixola e torrar o pan relado panko a lume medio. Deixar a arrefriar e reservar. 
  9. Bater os ovos nun cunco cun chisco de sal. Reservar. 
  10. Retirar os solombos do macerado e empanar; pasar por fariña, ovo e panko. 
  11. Colocar os solombos en espetos de madeira en forma de zigzag. Reservar nunha bandexa de forno con papel vexetal por debaixo. 
  12. Meter ao forno as espetadas de polo a 200 °C durante 20 minutos. Reservar. 
  13. Mesturar nun cunco 80 ml de aceite de oliva coa monda da lima restante, o xenxibre (relado), o mel (5 g) e un chisco de sal. Remexer cun batedor ata obter unha vinagreta. 
  14. Para empratar, servir as espetadas de polo maceradas cuns cuarteiróns de lima. Acompañar cunha pequena ensalada de xermolos tenros con tomates cereixa aliñados coa vinagreta de xenxibre, mel e lima.

¿Gustouche a receita? Bota unha ollada a estas delicias de polo marinadas en salsa de laranxa; encantarache o toque cítrico.