
Amantes da hamburguesa, a receita de hoxe vai para todos vós: presentámosvos as nosas minihamburguesas de polo, cabaciña e aneto, unha auténtica delicia!
E aínda máis: tamén vos son suaves, baixas en graxas e moi nutritivas, todo grazas á presenza das cabaciñas e o aneto e ás propiedades do polo. Unha receita saborosa e, ao tempo, totalmente saudable.
Á hora de empratares, píntalle unha lágrima de crème fraîche no prato para lle dar unha textura diferente. Vas sorprender a todos os convidados, e incluso a ti mesmo!
Elaboración
- Picar as peitugas de polo cunha picadora. Reservar.
- Lavar e cortar unha cabaciña en toros medianos. Reservar.
- Pelar e picar as chalotas en toros medianos. Reservar.
- Picar o aneto fino. Reservar.
- Mesturar as chalotas nun cunco co vinagre de viño tinto e 50 ml de aceite. Reservar na neveira.
- Relar a cabaciña restante nun cunco. Escoar ben para eliminar o exceso de auga.
- Incorporar o pan relado panko, un chisco de allo, sementes de comiño, pemento afumado en po, sal e pementa. Mesturar.
- Engadir o aneto picado e o polo. Amasar coas mans ata obter unha masa homoxénea. Reservar durante 30 minutos na neveira.
- Elaborar as minihamburguesas. Reservar.
- Quentar un chisco de aceite nunha tixola e cociñar os toros de cabaciña durante 2-4 minutos a lume medio. Salpementar e reservar.
- Na mesma tixola, cociñar as minihamburguesas de polo durante 3-5 minutos por cada lado, ata que queden feitas.
- Para empratar, debuxar unha lágrima de crème fraîche e colocar as minihamburguesas de polo, cabaciña e aneto. Acompañar coas cabaciñas á prancha e as chalotas en vinagre. Decorar cunhas follas de aneto e servir.