Nuggets de polo e cenoria

Ingredientes para 4 persoas

400 de peituga enteira de polo Bon Pollo
2 chalotas
2 cenorias
½ limón
1 ovo
125 g de iogur natural
Fariña
Flocos de millo
Curry en po
Menta fresca
Aceite de oliva
Sal
Pementa negra

En Bon Pollo cremos que a alimentación sa non ten por que prescindir do sabor máis delicioso. Por iso nos propuxemos preparar estes nuggets de polo e cenoria, unha alternativa máis saudable ca a versión tradicional e que lles vai gustar a todos.

A masa elabórase con ingredientes de primeira calidade: polo, chalotas e cenorias. Ademais, poderás evitar o exceso de graxa, xa que no canto de fritir os nuggets, pódelos meter ao forno. Para rematar estes manxares tan gorentosos, esquece a maionesa e o ketchup: proba a nosa salsa de iogur e curry, tan orixinal como saborosa.

Están para lamber os fociños!

Elaboración

  1. Prequentar o forno a 200 °C.
  2. Cortar as peitugas de polo en dados medianos. Reservar.
  3. Pelar e partir as chalotas e as cenorias. Reservar.
  4. Partir os flocos de millo. Reservar.
  5. Procesar cunha picadora os dados de polo, as chalotas, as cenorias e un chisco de sal e de pementa ata obter unha masa.
  6. Elaborar os nuggets: coller un pouco de masa de polo e darlle forma coas mans.
  7. Pasar os nuggets por fariña, ovo batido e polos flocos de millo picados.
  8. Pintar cun chisco de aceite os nuggets de polo e cenoria e meter no forno nunha bandexa de forno durante 35-40 minutos a 200 °C, ata que che queden ben dourados.
  9. Triturar cun procesador de alimentos o iogur, unhas follas de menta picadas, un chorriño de zume de limón e de aceite e mais un chisco de curry, de sal e de pementa. Procesar ata obter un mollo homoxéneo.
  10. Para empratar, servir os nuggets de polo e cenoria nun prato e acompañar co mollo.