Ollos de leituga con salteado de polo

Ingredientes para 2 persoas

3 escalopes de polo Bon Pollo
½ cebola
1 dente de allo
1 cenoria
2 ollos de leituga
½ limón
½ aguacate
1 ovo
60 ml de salsa de soia
100 ml de caldo de polo
Allo en po
Herbas provenzais
Sésamo negro
Aceite de oliva
Sal
Pementa negra

Desfruta cos nosos ollos de leituga con salteado de polo. Descubre unha combinación exquisita de ingredientes frescos e técnicas culinarias sofisticadas que te van transportar a un mundo de sabores sedutores.

Prepárate para sorprender os teus convidados con esta proposta culinaria orixinal, fresca e elegante. Deixámosche aquí a receita completa, e no noso perfil de Instagram atoparás a versión en vídeo.

Elaboración

  1. Picar os escalopes de polo, a cebola, o allo e a cenoria en dados pequenos (brunoise), esfollar os ollos de leituga e picar o aguacate en dados medianos (mirepoix).
  2. Quentar un chisco de aceite nunha tixola e rustrir a cebola co allo a lume medio.
  3. Incorporar a cenoria, os dados de polo e un chisco de herbas provenzais. Cocer durante 5 minutos.
  4. Desglasar coa salsa de soia e o caldo de polo. Refogar durante 5 minutos máis a lume medio.
  5. Ferver un ovo nun cazo durante 10 minutos. Deixar a arrefriar, pelar e picar en dados medianos.
  6. Triturar o ovo co aguacate, 15 ml de aceite, 35 ml de auga, un chorriño de zume de limón e un chisco de allo e de sal. Procesar ata obter unha maionesa.
  7. Para empratar, servir na base de cada folla do ollo de leituga un chisco de maionesa de aguacate e, por riba, o salteado de polo. Servir nun prato e botarlle por riba un chisco de sésamo negro. Listo para comer!