
Sabías que o pastel de polo e verduras é un prato tradicional que está presente en moitas culturas do mundo? Pénsase que tivo orixe en Europa, concretamente en Inglaterra, onde se coñece como chicken pot pie.
Nós propómosche unha nova versión máis sinxela: cuns poucos ingredientes poderás conseguir un nutritivo pastel ideal para unha comida de verán. Grazas á súa versatilidade, poderás personalizar as verduras segundo os teus gustos e preferencias e desfrutalo en multitude de formas, como acompañado dunha boa ensalada verde ou cortado en toros finos entre pan e pan.
Elaboración
- Cortar as coxas de polo en dados medianos. Reservar.
- Lavar e picar as verduras en dados pequenos (brunoise). Reservar.
- Retirar as puntas dos feixóns verdes e cortar en rebandas. Reservar.
- Procesar cunha picadora o polo partido en anacos cun chisco de sal e de pementa. Reservar na neveira.
- Saltear as verduras cun chisco de aceite nunha tixola a lume medio. Salpementar.
- Mesturar o polo picado nun cunco coas verduras salteadas, o ovo batido, a nata e un chisco de perexil picado, pemento afumado en po e allo en po.
- Cortar un anaco de filme e estirar o recheo de polo e verduras enriba.
- Enrolar apertando moi ben ata formar un rolo compacto. Cerrar os laterais e envolver outra vez para que quede ben cerrado.
- Ferver auga nunha ola, baixar a temperatura e cociñar o pastel de polo durante 1 hora e 30 min tapado a lume baixo. Deixar a arrefriar na neveira durante un par de horas.
- Para empratar, cortar o pastel de polo e verduras en toros e servir nun prato. Botarlle por riba un chisco de perexil picado.