
Hoxe traémosvos unha receita perfecta para o verán! Trátase dun prato sinxelo, fresquiño,
lixeiro e, sobre todo, cargado de sabor. Ademais, este paté de polo con berenxena e laranxa
será o voso aliado en calquera cea que teñades que preparar para os amigos.
O truco desta elaboración está en prestar atención aos pequenos detalles, como ter
paciencia ao asar a berenxena no forno para que quede saborosa ou non esquecervos de
engadir o romeu e o allo á hora de cocer o polo para potenciar os seus aromas.
Elaboración
- Prequentar o forno a 200 °C.
- Lavar, cortar pola metade e realizar uns cortes na carne da berenxena.
- Colocar a berenxena nunha bandexa de forno, engadir un chorriño de aceite e un chisco de
sal, e cociñar a 200 °C durante 40-45 minutos Arrefriar, tallar e reservar. - Cortar as coxas de polo en dados medianos. Reservar.
- Pelar e picar un dente de allo (sen o xerme) en dados pequenos (brunoise). Reservar.
- Machucar o outro dente de allo. Reservar.
- Espremer o zume da laranxa. Reservar.
- Quentar un pouco o aceite nunha tixola e incorporar o dente de allo machucado xunto
cunhas ramas de romeu. Mesturar. - Engadir as coxas de polo e cocer a lume medio. Salpementar e reservar.
- Triturar cun procesador de alimentos o polo, a berenxena asada, o dente de allo en
brunoise, o zume de laranxa, o iogur, a salsa tahini, un pouco comiño, sal e pementa (ao
gusto). Procesar ata obter unha crema espesa e homoxénea. - Colocar esta crema nun bote de cristal e deixala repousar na neveira durante 1 hora como
mínimo. - Para empratar, servir o paté de polo con berenxena e laranxa e acompañalo cunhas
galletas ou unhas crudités de cenoria e cogombro. Empoar cun chisco de sésamo branco
por riba.
Se buscas outras receitas xeniais para compartir, consulta estas empanadillas de polo de verduras. Unha delicia!