pollo con parmentier de calabaza

Polo con parmentier de cabaza

Ingredientes para 2 persoas

4 peitugas de polo
2 dentes de allo
2 porros pequenos
1 culleradiña de garam masala
150 g de cogomelos (por exemplo, trompetas dos mortos, tamén chamadas cantarelas mouras)
Aceite
Sal
Pementa

PARA O PARMENTIER

1 cabaza
3 patacas monalisa medianas
1 culleradiña de tomiño seco
1 culleradiña de ourego seco
1 culleradiña de comiño moído
30 g de manteiga
Aceite
Sal
Noz moscada

pollo con parmentier de calabaza

Descubre esta deliciosa receita de polo con parmentier de cabaza. O vocábulo parmentier fai referencia a calquera elaboración en que a pataca cocida é a protagonista. En Bon Pollo démoslle un toque distinto ao incorporar cabaza e porro na base. Ademais, a suave e cremosa textura do parmentier combina coa suculencia e o aroma do polo.

Elaboración

  1. Pelar e sacar as pebidas da cabaza. Pelar as patacas. Picar todo en dados e ferver durante 15-20 minutos.
  2. Cun pasador de purés facer un puré homoxéneo. Engadir manteiga en pomada (a unha temperatura máis elevada ca a que está no frigorífico) e mesturar de xeito que quede ben integrado.
  3. Engadir as herbas aromáticas e o comiño moído, sal e noz moscada. Agregarlle aceite segundo conveña. A textura non debe quedar nin moi espesa nin moi líquida.
  4. Cortar o polo en toros dun dedo de grosor aproximadamente. Cortar o porro en xuliana e o allo picado fino.
  5. Salpementar as peitugas de polo e impregnar con garam masala.
  6. Cociñar o polo nunha tixola cun chisco de aceite.
  7. Nunha tixola con aceite quente, saltear lixeiramente o allo (sen que se queime) e engadirlle o porro e os cogomelos. Agregar o polo cortado.
  8. Para empratar, colocar unha base de parmentier de cabaza e pórlle por riba o polo co porro e os cogomelos. Salpementar ao gusto.
  9. Servir quente.

Se queres aprender a cociñar outras deliciosas receitas con polo, estás no sitio web correcto. Que os parecen estas fajitas de polo? Ideal para cando ceas con amigos!