Polo ao chilindrón

Ingredientes para 4 persoas

1 polo de Bon Pollo despezado
2 cebolas
4 dentes de allo
1 pemento vermello
1 pemento verde
4 tomates maduros
100 g de tacos de xamón de ceba, 50 % raza ibérica
100 ml de viño branco
300 ml de caldo de polo
Follas de loureiro
Aceite de oliva
Sal
Pementa negra

Dise que o mollo chilindrón recibe o seu nome dun xogo de cartas do mesmo nome, moi popular nas tabernas aragonesas. Ao final da partida, o gañador decidía quen pagaba o xantar, que consistía nun guiso de carne acompañado de pementos, tomate, cebola, allo e xamón. Así, o prato recibiu o nome do xogo e pasou a chamarse tamén chilindrón.

Hoxe en día, este mollo emprégase para acompañar unha chea de carnes distintas, como o cordeiro ou o coello. Pero a nosa versión favorita elabórase con polo, xa que a carne queda moi saborosa e tenra e, ademais, é unha opción económica e saudable.

Anímaste a probar esta delicia?

Elaboración

  1. Pelar e picar as cebolas en dados medianos (mirepoix). Reservar.
  2. Lavar e cortar en xuliana os pementos despois de quitarlles as sementes e as partes brancas. Reservar.
  3. Relar os tomates. Reservar.
  4. Machucar os dentes de allo. Reservar.
  5. Quentar un chisco de aceite nunha cazola e dourar os anacos de polo, os allos e unhas follas de loureiro a lume medio. Salpementar e reservar.
  6. Na mesma cazola, rustrir as cebolas a lume medio. Salpementar.
  7. Desglasar co viño branco e subir o lume para que se evapore o alcohol.
  8. Incorporar os pementos e refogar durante 4-5 minutos a lume medio.
  9. Engadir os tacos de xamón e os tomates. Cociñar durante 6-7 minutos.
  10. Incorporar o polo en anacos e o caldo. Mesturar e cocer durante 15-20 minutos a lume medio-baixo.
  11. Para empratar, servir o polo ao chilindrón nun prato con mollo en abundancia.