Polo ao limón e caiena

Ingredientes para 4 persoas

1 polo despezado
3 cebolas brancas medianas
3 limóns
100 ml de viño branco
½ cabeza de allo
4-8 caiena (ao gusto)
4 follas de loureiro
20 g de piñóns
Ceboliño
Aceite de oliva
Sal
Pementa negra

O polo é un alimento típico da cociña mediterránea e existen moitas formas de cociñalo. Desde Bon Pollo ensinámoste a preparar a receita con limón e caiena, un prato que combina sabores cítricos con toques de picante. Nesta receita de hoxe imos empregar unha técnica culinaria chamada desglasaxe, e que consiste en engadir viño branco tras a cocción do polo para recoller a esencia e as substancias desprendidas e lograr así aproveitar todos os sabores do mollo.

Elaboración

  1. Picar as cebolas en dados grandes (mirepoix). Reservar.
  2. Partir os limóns en oito anacos. Reservar.
  3. Esmagar cun golpe os dentes de allo. Reservar.
  4. Quentar un chisco de aceite nunha tixola e dourar o polo durante uns minutos a lume medio. Salpementar.
  5. Cando o polo estea medio cocido, engadirlle a cebola e as follas de loureiro. Refogar.
  6. Desglasar con viño branco e deixar a cocer un par de minutos.
  7. Engadir os allos esmagados e a caiena (ao gusto). Deixar a cocer todo 8 minutos a lume medio.
  8. Incorporar os limóns e deixar a cocer durante 5 minutos máis. Rectificar a cantidade de sal e pementa negra.
  9. Torrar os piñóns nunha tixola a lume medio sen aceite. Reservar.
  10. Servir o polo con algún anaco de limón e allo. Botarlle por riba os piñóns torrados e o ceboliño picado.

Se che gustou esta receita e estás interesado na cociña creativa, non podes perderte este delicioso polo marinado con salsa de trigo sarraceno e cilantro.