Hoxe preparamos unha receita moi doada, divertida e saborosa que seguro que lle vai gustar a toda a familia: polo con ovos fritidos e chourizo.
Está pensada para ser un prato único ou para acompañar cunha ensalada fresca. Esmiúza o polo á prancha, saltea o chourizo nunha tixola, frite as láminas de pataca en aceite abundante e, no último momento, prepara os ovos fritidos. Como desfrutamos cos praceres sinxelos!
Elaboración
- Filetear as peitugas de polo. Reservar.
- Cortar os chourizos en toros medianos. Reservar.
- Pelar e cortar as patacas en láminas de 3 milímetros de grosor aproximadamente. Reservar.
- Nunha tixola cun chisco de aceite, saltear os chourizos a lume medio. Reservar.
- Quentar un chisco de aceite nunha tixola e dourar os filetes de peituga. Salpementar por ambos os lados, deixar a arrefriar e despois esfiañar.
- Quentar abundante aceite nunha tixola e, cando esta ben quente, botar as patacas. Cando comecen a dourar, baixar o lume ata que queden tenras. Salgar e reservar.
- Fritir os ovos no aceite que sobrou de fritir as patacas, a lume alto, e sacalos antes de callar a xema.
- Para empratar, colocar no prato unha base de patacas fritidas, os toros de chourizo, o ovo fritido e o polo esmiuzado. Botarlle por riba un chisco de perexil picado.
¿Queres cociñar receitas máis divertidas? Mire este polo de pementón con arroz Basmati.