Polo con patacas e chourizo

Ingredientes para 4 persoas

1 bandexa de cuartos traseiros de Bon Pollo
1 chourizo
200 g de olivas negras de Aragón
2 cebolas brancas
2 dentes de allo
2 patacas monalisa
2 nabos brancos
2 cenorias
100 ml de viño tinto
1 litro de caldo de polo
4 follas de loureiro
Perexil fresco
Aceite de oliva
Sal
Pementa negra

Gústanche os pratos con sabores intensos? Nese caso, esta receita é para ti: polo con patacas e chourizo. Trátase dunha versión do tradicional guiso de polo á cazola, pero nesta ocasión empregamos os cuartos traseiros, unha peza saborosa e moi versátil na cociña. Ademais, incorporámoslle o aroma irresistible do chourizo. Como acompañamento, en Bon Pollo optamos por un rustrido de patacas e verduras, ideal para mollar pan. En definitiva: unha receita sinxela coa que gañarás o favor dos teus comensais.

Elaboración

  1. Pelar e picar as cebolas, os nabos e as cenorias en dados medianos (mirepoix). Reservar.
  2. Pelar e picar as patacas. Reservar.
  3. Pelar e picar moi miúdo os dentes de allo (sen o xermolo). Reservar.
  4. Cortar o chourizo en toros. Reservar.
  5. Quentar un chisco de aceite de oliva nunha tixola e dourar os cuartos traseiros de polo.
  6. Salpementar por ambos os lados e reservar.
  7. Na mesma tixola, botar un chisco máis de aceite e rustrir as cebolas a lume medio.
  8. Cando comecen a pórse transparentes, engadir os dentes de allo e cocer durante 5 minutos.
  9. Engadir as cenorias, os nabos e as patacas. Refogar un par de minutos a lume medio.
  10. Incorporar o chourizo, as olivas negras, as follas de loureiro e as de perexil. Salpementar e sofritir durante un par de minutos.
  11. Engadir os cuartos traseiros. Desglasar con viño tinto e deixar reducir o alcohol un par de minutos a lume forte.
  12. Baixar o lume, verter o caldo e cocer o polo a lume medio-baixo e tapado durante 20 minutos. Destapar e cocer 20 minutos máis. Rectificar a cantidade de sal e pementa ao gusto.
  13. Servir os cuartos traseiros de polo con chourizo nun prato e decorar cun chisco de perexil picado por riba.


Se che apaixona as receitas tradicionais, este polo recheo de cabaza, mazá e uvas é para ti.