Atréveste a darlle un toque especial á clásica receita de polo? Déixate sorprender por esta exquisita receita con piña e anacardios. A piña, unha froita moi versátil con sabor entre doce e ácido, combina deliciosamente coa textura e o delicado sabor dos anacardios. Trátase dunha mestura de aromas e sabores moi acertada que, xunto coa suculencia do polo, dá como resultado esta excelente receita.
Elaboración
- Cortar as peitugas de polo en dados grandes. Reservar.
- Pelar a piña e picar en dados grandes (mirepoix). Facer outro tanto coa cebola e reservar.
- Quentar un chisco de aceite nunha tixola e rustrir as cebolas a lume medio durante un par de minutos.
- Engadirlle o viño branco e cociñar ata que se evapore o alcohol.
- Engadir os dados de polo e refogar durante 8 minutos dándolles volta regularmente. Salpementar.
- Incorporarlle a piña, a salsa de soia e o caldo. Refogar un par de minutos.
- Engadir os anacardios e tres follas de menta. Deixar cociñar a lume medio durante 10 minutos aproximadamente e rectificar de sal ou pementa se é preciso.
- Servir o polo con piña acompañado dunhas follas de menta por riba.
Se tes máis ganas de cociñar pratos orientais, proba este bol de ás de polo con salsa teriyaki.