O polo recheo é un prato moi típico do Nadal e existen infinitas maneiras de preparalo. Os froitos secos, froitas deshidratadas ou carnes picadas son algúns dos recheos máis empregados. En Bon Pollo combinamos a dozura da mazá e a potente unión das pasas e os piñóns para dar cun resultado tenro e moi saboroso.
Elaboración
- Limpar e mondar a mazá. Quitarlle o carozo e partir en cuarteiróns.
- Prequentar o forno a 175 °C.
- Untar o polo con aceite, salpementar por dentro e por fóra e colocar sobre unha prata para forno.
- Reencher o polo cos froitos secos, unha folla de loureiro, un dente de allo e a mazá. Verter un pouco de caldo e brandy por dentro.
- Repartir o resto do caldo e brandy na prata, co resto das follas de loureiro e o allo, e cociñar ao forno durante 45 minutos aproximadamente. Verter de cando en vez ese caldo por riba do polo.
- Deixar que se doure e retirar do forno.