Zanquiños de polo con shiitake e anacardios

Ingredientes para 4 persoas

8 zanquiños de polo
4 dentes de allo
1 cebola mediana
1 cullerada de salsa de ostras
1 cullerada de salsa de soia
15 g de azucre integral de cana
125 ml de caldo de polo
1/2 chile vermello
100 g de anacardios
150 g de cogomelos shiitake
Coandro fresco

Os zanquiños de polo son sempre unha elección óptima á hora de cociñar, pois son a parte más saborosa do animal e tamén a máis económica. Para aproveitares ao máximo as súas posibilidades, hoxe traémosche unha receita sinxela e equilibrada ideal para este produto. A clave está no shiitake e os anacardios, que son un complemento perfecto. Ademais, o shiitake, segundo a medicina chinesa, é un alimento que fortalece o sistema inmune e favorece unha vida sa. Pola súa parte, o anacardio tamén destaca por ser un dos froitos secos máis sans grazas ao seu perfil nutritivo rico en cobre e magnesio. Esta é sen dúbida unha receita agradecida para o padal e o organismo.

Elaboración

  1. Salpementar e saltear os zanquiños nunha tixola ou cazola. Reservar.
  2. Engadir un chisco máis de aceite e sofritir a cebola. Cando estea transparente, engadir os allos picados.
  3. Laminar os cogomelos shiitake e engadilos ao mesmo tempo que a salsa de soia, a de ostras e o azucre integral. Tapar e cociñar uns 8 minutos.
  4. Engadir os anacardios e os zanquiños de polo. Mesturar e deixar cociñar uns 8 minutos máis.
  5. Botarlle por riba un chisco de coandro picado e servir.

Queres máis ideas sobre como cociñar muslos de polo? Que vos parece esta receita de muslos de polo con marmelo, batata e piñóns? Todo un conxunto de sabores e texturas!