Solombo de polo en salsa arrabbiata

Ingredientes para 4 persoas

6 filetes de peituga de polo Bon Pollo
4 ovos
60 g de espinacas
100 g de queixo de tetilla
200 g de fariña
16 g de lévedo químico
320 ml de leite
Noz moscada
Aceite de oliva
Sal
Pementa negra

Estas madalenas salgadas de polo, espinacas e queixo de tetilla sonche unha opción estupenda como aperitivo ou para desfrutalas nun pícnic primaveral.

Ademais de deliciosas, son tamén perfectas para coidar a alimentación: inclúen un gran contido proteico grazas ao polo, os ovos e o queixo; contén as vitaminas, o ferro e a fibra das espinacas, e teñen poucas calorías.

Frías están moi ricas, pero se as temperas un chisco, conseguirás que o queixo de tetilla do interior se funda, e así terá un toque cremoso e fará que as madalenas resulten aínda máis irresistibles. Prepárate para gozar delas a calquera hora do día!

Elaboración

  1. Prequentar o forno a 200 °C.
  2. Cortar o queixo de tetilla en dados medianos. Reservar.
  3. Quentar un pouco de aceite nunha tixola e cociñar os filetes de polo a lume medio. Salpementar e esfiañar. Reservar.
  4. Bater nun cunco os ovos e o leite.
  5. Incorporar o polo, as espinacas, a fariña, o lévedo e un chisco de noz moscada, sal e pementa. Mesturar ata integrar todos os ingredientes.
  6. Engraxar os moldes, verter a mestura resultante e pousar no centro de cada molde un dado de queixo de tetilla (hai que afundilo un pouco para que quede no medio).
  7. Cocer no forno as madalenas salgadas de polo durante 20-25 minutos a 200 °C. Retirar e deixar repousar sobre unha grella.
  8. Para empratar, servir as madalenas salgadas de polo, espinacas e queixo de tetilla nun prato. Servir mornas ou frías.