O caldo galego é sinónimo de fogar e familia. En Bon Pollo xa temos claro o noso menú de Noiteboa: sopa de polo con grelos e fabas.
A saborosidade do polo, o punto amargo e delicioso dos grelos e a consistencia das fabas son unha combinación marabillosa. O resultado é unha auténtica homenaxe á nosa terra e o mellor remedio para os días máis fríos do inverno.
Boas festas!
Elaboración
- Pelar e picar a cebola, o nabo e o fiúncho en dados medianos (mirepoix). Reservar.
- Pelar e picar as patacas en anacos pequenos. Reservar.
- Pelar e cortar o allo porro en toros. Reservar.
- Quentar un chisco de aceite nunha ola alta e refogar a cebola co allo porro a lume medio, remexendo para que non se douren moito. Salpementar.
- Desglasar co viño branco e subir o lume para que se evapore o alcohol.
- Incorporar o resto de verduras (agás os grelos) e cocer durante 5 minutos a lume medio. Remexer.
- Engadir dous cuartos traseiros de polo, a auga mineral e o unto. Cocer a lume medio durante 2 h e 30 minutos coa ola tapada. Espumar (quitarlle a espuma) durante a cocción.
- Retirarlle o unto e os cuartos traseiros.
- Esmiuzar a carne e volver incorporala no caldo xunto cos grelos, as fabas brancas e os fideos. Cocer todo xunto durante 5 minutos a lume medio-baixo. Rectificarlle o sal ao gusto.
- Servir a sopa de polo con grelos e fabas brancas ben quente. Empoar cun chisco de sésamo negro por riba.
Se che gustan as receitas tradicionais de inverno, encantarache este cocido galego explicado paso a paso.