Tacos de polo

Ingredientes para 2 persoas

1 peituga de polo enteira Bon Pollo
4 unidades de tortilla de millo
½ cebola morada
100 g de guacamole
10 g de concentrado de tomate
115 ml de vinagre
80 ml de caldo de polo
Sementes de comiño
Allo en po
Pemento afumado en po
Ourego seco
Canela en po
Ceboliño
Aceite de oliva
Sal
Pementa negra

Os tacos, receita icónica da gastronomía mexicana, sobreviviron ao paso do tempo grazas ao seu incrible sabor e doada preparación.

De feito, existen testemuños da época prehispánica que xa sinalan a existencia deste prato. Un deles, por exemplo, indica que as tortillas se empregaban como culleres; outros, en cambio, sinalan que as mulleres envolvían a comida dos homes con tortillas para que a puidesen levar fóra de casa.

Sexa como for, estes tacos de polo especiado, cebola en vinagre e guacamole sonche unha auténtica delicia.  Deixámosche aquí a receita completa, e no noso perfil de Instagram atoparás a versión en vídeo!

Elaboración

  1. Mesturar nun cunco as especias (comiño, allo, pemento en po, ourego e canela), o concentrado de tomate, 15 ml de vinagre e 20 ml de aceite.
  2. Incorporar a peituga de polo, mesturar ben e deixar mariñar durante 2 horas na neveira.
  3. Picar a cebola en tiras finas (xuliana).
  4. Mesturar nun cunco a cebola, o vinagre restante, 100 ml de auga quente e un chisco de sal. Macerar na neveira durante 2 horas.
  5. Quentar un chisco de aceite nunha tixola e dourar a peituga de polo mariñada a lume medio-alto.
  6. Engadir o caldo e deixar a cocer tapado durante 10 minutos a lume baixo.
  7. Retirar a peituga de polo reservando os zumes na tixola.
  8. Esfiañar a carne coa axuda dun par de garfos e botar outra vez o polo