¿Quen di que non se pode elaborar un tártaro con polo? Atrévete a innovar na cociña con esta orixinal e deliciosa receita.
O tártaro adoita facerse con carne ou peixe cru, picado e condimentado. En Bon Pollo preparamos unha versión que se adapta perfectamente ao sabor do polo. Salteámolo e incorporamos a cremosidade do aguacate, o aroma picante da mostaza de Dijon e o toque salgado das algas. Unha comida lixeira e saborosa que logrará sorprenderte.
Elaboración
- Cortar os filetes de peituga en tiras finas. Reservar.
- Poñer todas as algas deshidratadas nun cunco con auga fría. Hidratar durante 5 minutos, escoar ben e picar moi fino. Reservar.
- Pelar e cortar a cebola morada en dados moi pequenos (brunoise). Reservar.
- Quentar un chisco de aceite de oliva nunha tixola e dourar as tiras de peituga. Salpementar, arrefriar e esfiañar en anacos moi pequenos. Reservar.
- Triturar os aguacates co zume do limón, as olivas, a mostaza de Dijon, o aceite de oliva (30 ml), sal e pementa. Engadir unha pouca auga (40 ml) ata obter unha crema lisa, brillante e non moi espesa. Rectificar o sal, a pementa ou a mostaza se é preciso.
Se che gustou esta receita creativa, non podes perder o polo de limón e caiena!