Zancos de polo con uvas e noces

Zancos de polo con uvas e noces

Ingredientes para 4 persoas

8 zancos de polo
1 cebola
Ramas de tomiño e romeu
4 dentes de allo
400 g de uvas negras ou moradas
80 g de noces
150 ml de fondo de ave
Aceite de oliva virxe extra
Sal
Pementa

Zancos de polo con uvas e noces

Se che vai máis o zanco ca a peituga, estás de sorte! Descubre esta saborosa receita de zancos de polo á cazola con uvas e noces. Unha deliciosa opción que combina a tenrura do polo cos toques aromáticos do tomiño e do romeu, a dozura das uvas e o crocante dos froitos secos. Sen dúbida, unha forma diferente e moi imaxinativa de comer polo.

Elaboración

  1. Picar a cebola pequena; pelar e laminar os dentes de allo.
  2. Dourar os zancos de polo nunha tixola ou cazola e botar a cebola a rustrir.
  3. Cando a cebola estea transparente, engadir as ramas de herbas e a metade das uvas.
  4. Salpementar e engadir fondo de ave. Tapar e deixar a cocer a lume medio-baixo durante uns 20 minutos.
  5. Engadir o resto das uvas e as noces partidas en anacos e deixar cociñar 10 minutos máis. Destapar e deixar a lume máis forte para que reduza o caldo e quede unha salsa máis espesa.
  6. Deixar repousar uns minutos co lume apagado e servir.

Se che gustou a receita, non te perdas estes xamóns de polo con pera e figos.